jueves, 28 de noviembre de 2024
miércoles, 27 de noviembre de 2024
domingo, 24 de noviembre de 2024
25N Día contra a Violencia de Xénero
RESTVTVS PISCINESIS / ET PRIMA RESTVTA PRIMAE / FLORENTIAE FILIAE CARISSIMAE / FECERVNT QVI AB ORFEV MARITV IN / TIBERI DECEPTA EST DECEMBER COGNATV/S / POSVIT Q(uae) VIX(it) ANN(os) XVI
ou o que é o mesmo
Restutus Picinesis e Prima Restuta fixérono para a súa moi querida filla Prima Florentia, quen foi arroxada ao Tíber polo seu marido Orfeo. December, un parente de sangue, puxoo. Viviu dezaseis años.
Está antiga inscripción funeraria mostra unha realidade vixente ainda hoxe 2000 anos despois: a violencia dos homes contra as mulleres.
Non deixemos que esta historia continue. Loitemos contra á violencia.
Para saber máis sobre a Violencia contra as mulleres na Antiga Roma: clica aquí
sábado, 23 de noviembre de 2024
jueves, 21 de noviembre de 2024
miércoles, 20 de noviembre de 2024
6EP Actividades e Imaxes de América
martes, 19 de noviembre de 2024
domingo, 17 de noviembre de 2024
viernes, 15 de noviembre de 2024
jueves, 14 de noviembre de 2024
miércoles, 13 de noviembre de 2024
Curiosidades sobre o noso corpo
Queredes ver a través dun microscopio como é un fragmento do cordón umbilical? Clica no video e descúbreo.
martes, 12 de noviembre de 2024
Davos respecto mandar cartas aos alumnos/as portugueses?
Sen dúbida, este vídeo do Profesor Marco Franco Neves vai resolver todos os vosos problemas. Tedes idea de cal é a lingua máis próxima ao portugués?
domingo, 10 de noviembre de 2024
5EP Sociais Vocabulario Básico Tema 1
XEOGRAFÍA: ciencia que estuda a superficie terrestre e os seus cambios.
HISTORIA: ciencia que estuda o pasado dos seres humanos. A Historia comeza coa a aparición dos primeiros seres humanos e acabará cando nos extingamos como especie.
CONTINENTES: nome que se lle da ás terras emerxidas separadas polos océanos. Existen 6 continentes: América, Europa, Asia, África, Oceanía e a Antártida.
OCÉANOS: son as masas de auga salgada que separan continentes. Os continentes están separados por 5 grandes océanos: Océano Pacífico, Océano Atlántico, Océano Índico, Océano Glacial Ártico e Océano Glacial Antártico.
MOVEMENTO DE TRASLACIÓN: é o movemento que realiza a Terra cando xira ao redor do Sol seguindo unha órbita elíptica. A Terra tarda 365 días, 6 horas e 9 minutos en dar unha volta completa ao Sol. A consecuencia do movemento de translación é a existencia das estacións ao longo do ano.
MAPA: representación plana de calquera parte da superficie terrestre. Segundo o que estea representado nun mapa estos poden ser: mapas físicos, mapas políticos, mapas históricos, mapas económicos ...
ECUADOR: liña imaxinaria debuxada de oeste a este que divide a Terra en dúas partes iguais denominadas hemisferios.
HEMISFERIOS: son cada unha das partes nas que o Ecuador divide á Terra. Existen dous hemisferios:
- O Hemisferio Norte ou Hemisferio terrestre xa que nel se concentran a maioría dos continentes.
- E o Hemisferio Sur ou marítimo xa que nel se concentran a maioría dos océanos.
LONXITUDE: é a distancia medida en grados desde calquera punto da superficie terrestre ata o meridiano 0º ou de Greenwich. A lonxitude pode ser Leste ou Oeste.
jueves, 7 de noviembre de 2024
miércoles, 6 de noviembre de 2024
lunes, 4 de noviembre de 2024
domingo, 3 de noviembre de 2024
5EP Sociais Paralelos y Meridianos
Pesto, o pingüín emperador
Pesto é unha cría de pingüín emperador que con tan só un meses de vida ten o mesmo tamaño e peso que os seus pais adoptivos, Hudson e Tango.
Polo xeral, un pito da súa especie chega a acadar como moito entre 8 e 15 Kg mentres que Pesto ten acadado xa os 23 Kg xa que come unha media de 25 peixes diarios.
-
As follas dunha planta pódense clasificar de moi diversas maneiras: segundo a súa forma, segundo a seu borde, segundo o seu número de foll...
6EP E-Book Aparato Respiratorio
Clica aquí para acceder ao E-Book do Aparato Respiratorio.