jueves, 1 de octubre de 2020

6EP A fotosíntese

 


Como se alimentan as plantas?

A maioría dos seres vivos aliméntanse de materia orgánica pero as plantas son capaces de fabricar o seu propio alimento mediante a fotosíntese.

Para realizar a fotosíntese as plantas necesitan auga e sales minerais que obteñen do solo e dióxido de carbono, un gas que hai na atmosfera.

A fotosíntese ten lugar nas células verdes da planta onde a auga, as sales minerais e o dióxido de carbono se combinan grazas a enerxía que a planta obten do sol. 

Esta enerxía a planta obtena grazas a clorofila, unha substancia que se atopa nos cloroplastos, un tipo de orgánulo das células vexetais. Durante a fotosíntese a planta desprende outro gas,  o osíxeno.


6EP Queres que NON falte de nada no teu caderno?

  Clica na imaxe e velaí tes a solución ao teu problema.