lunes, 30 de marzo de 2020

5EP As plantas II


Hoxe tócanos superesquema. Animadesvós? 

Pero antes de comenzar creo que tedes que botarlle unha ollada ao seguinte video para logo ler un pequeno texto sobre as plantas fanerógamas. 


E unha vez que teñades todo claro podedes facer un superesquema con "carmiña" incluído.


Luces, cámara e acción.

jueves, 26 de marzo de 2020

Web Cam para seguir o geyser en tempo real

Segundo o dicionario da RAG un GÉYSER é unha fonte termal de orixe volcánica que despide a certa altura auga quente ou vapor de maneira intermitente. Aqui tedes un dos máis famosos do mundo: o Old Faithful, situado no Parque de Yellowstone (EEUU), forgar do osos Yogui.

martes, 24 de marzo de 2020

6EP En tempos do Coronavirus Traballo 2


Para facer o traballo que vos propoño hoxe é necesario que accedades ao libro eléctrónico da Editorial Vicens Vives. 

Aquí vos deixo as instrucións de como facelo: clica aquí

Unha vez que teñades accedido á páxina do Aparato Respiratorio o que vos propoño é que leades con atención o apartado  1 e 2 e logo contestedes ás seguintes preguntas.

Descargar actividades en formato WORD
Descargar actividades en formato PDF

E se tedes algún problema contactade comigo: Noémia

lunes, 23 de marzo de 2020

5EP En tempos do Coroavirus (Traballo 2)


Para facer o traballo que vos propoño hoxe é necesario que accedades ao libro eléctrónico da Editorial Vicens Vives. 

Aquí vos deixo as instrucións de como facelo: clica aquí 

Unha vez que teñades accedido á páxina das plantas o que vos propoño e que leades o texto con moita atención, fixándoos ben en que partes son as máis importantes para logo completar o seguinte esquema.


E se tedes algún problema contactade comigo: Noémia

viernes, 20 de marzo de 2020

jueves, 19 de marzo de 2020


Que mellor maneira que pasar un día festivo coma este visitando algúns dos museos máis interesantes do mundo! Xa sabedes, o traballo para esta ponte é visitar algún destes museos e dicirme cal foi a peza, máquina ou armatroste que máis vos gustou.
Agora escolle:

Para comentar cal  é a túa peza favorita: clica aqui

miércoles, 18 de marzo de 2020

Podésdesme axudar?

Contacta comigo para conseguir o arquivo

Unha boa amiga envioume un cómic sobre o plancton e, a verdade, é que non me entero de case nada. Poderíasme axudar a resolver as miñas dúbidas? 

Queres axudarme? Clica Aquí


martes, 17 de marzo de 2020

6EP En tempos do Coronavirus Traballo 1


Para este primer traballo voute propor unha pequena investigación moi relacionada coa situación que estamos a vivir. Os estrategas militares sempre destacan a importancia de coñecer ben ao teu enimigo. Quero que investigues un pouco ata que sexas quen de contestar as seguintes preguntas:

1. Que é un virus?
2. Logo, que é un coronavirus?
3. Que tipos de coronavirus existen?
4. Que fai tan perigoso ao COVID 19?
5. Bibliografía ou Webgrafía

A estas preguntas podesdesme contestar de dous xeitos:

lunes, 16 de marzo de 2020

MOI IMPORTANTE

Para poder contactar comigo é MOI IMPORTANTE que utilicedes este MAIL

Clica na Imaxe

5EP En Tempos do Coronavirus Traballo 1


Poderíasme explicar porque este adorable oso panda é un vertebrado, mamífero, plantígrado.


Esta pregunta podes contestala de dous xeitos:

viernes, 13 de marzo de 2020

Ola rapaces e raparigas,
As circunstancias son excepcionais e aínda que poida parecer incríbel estamos a vivir un momento histórico que aparecerá nos libros. É por eso que a nosa resposta tamén ten que ser histórica.
Debemos ser cidadáns con maiúsculas e pensar no outro, naquelas persoas que non deben contaxiarse porque non serían capaces de superar a enfermidade, naquelas persoas que  aínda que deberían estar nas súas casas escolleron como profesión unha que lles fai estar en primeira liña de combate (médicas, enfermeiros, policías, bombeiros …) e por suposto, en todas aquelas persoas (avós, tías, pais e nais, coidadores) que están connosco nas nosas casas.
Ben sabedes que está situación chegou tamén á escola e que as nosas rutinas, de súpeto, deixaron de ter importancia. Esquecédevos de todo o que tiñamos pendente e centrémonos en levar estes días o mellor que poidamos.
Van ser días moi longos, onde imos estar cara a cara fronte o aburrimento. Ímonos cansar de ver a televisión, de ler, de xogar polo que aproveitade estes días para pensar e desenvolver aínda máis a vosa curiosidade e desexo por aprender.
E para levalo todos o mellor posible vouvos propor cada dous días uns traballiños que podedes facer e entregarme á volta.
Ánimo rapaces e raparigas e a blogear

jueves, 5 de marzo de 2020

5EP Actividades de Repaso



11.     Explícame porque un oso panda é un vertebrado, mamífero, plantígrado.
22.     Que tipos de mamíferos existen?
33.     Explícame porque una oca é un ave nadadora?
44.     Como podemos clasificar os reptiles?
55.    Que diferenza hai entre un anuro e un urodelo?
66.     Que características ten un peixe, que o fan ser peixe?
77.     Explícame porque una rá arborícola é un vertebrado, anfibio, anuro?
88.     Explícame porque un aguíoa é un vertebrado, ave, rapaz?
99.     Explícame como pode ser que o ornitorrinco sexa un mamífero que pon ovos?

5EP Tes todo o que hai que ter no teu caderno?

  Tes todo o que hai que ter no teu caderno? Estás seguro/a? Clica na imaxe e poderás comprobalo.