miércoles, 25 de agosto de 2021

5C Que fixemos en clase?

 
Hoxe, xoves 11/11/21, aproveitamos para explicar:

CNIDARIOS (pólipos e medusas): invertebrados acuáticos que teñen unha abertura rodeada de filamentos que sirve como boca e ano. Estes filamentos son urticantes, é dicir, que conteñen un líquido irritante que lles permite paralizar as súas presas.

Poden ter forma de saco (pólipo) e permanecer fixos ao fondo ou forma de parasol (medusas) e ser nadadoras. Exemplo de cnidarios son as anémonas, os corais, as medusas e as hidras de auga doce.

martes, 24 de agosto de 2021

SORPRESA


Pensabades que vos iades librar da recomendación dun libro en Ciencias Naturais. Pois NON tamén podo recomendarvos un par de libriños para que gocedes ao mesmo tempo dunha paradisiaca illa grega como dos animais que viven nela.


lunes, 23 de agosto de 2021

MENUDO ROIO !!!

 


Cando xa pensabamos que nos tiñamos esquecido do bichiño de marras, vai e volve a aparecer e volvemos ao roio de ter que quedar na casa. Para que a estancia se vos faga un pouco máis levadeira e cando volvades non vos estresedes moito vouvos ir deixando aos pouquiños distintas propostas de traballo. Eso si algunhas tremendamente aburridas e outras tremendamente divertidas.
Moitísimo ánimo e a negativizar canto antes.
Noémia

5EP Tes todo o que hai que ter no teu caderno?

  Tes todo o que hai que ter no teu caderno? Estás seguro/a? Clica na imaxe e poderás comprobalo.