lunes, 31 de enero de 2022

5EP e 6EP App de Natureza

Existen numerosas App que nos poden axudar adescubrir aínda máis o mundo que nos rodea: Aquí deixovos unha mostra dalgunhas:

Seek by INaturalist App que nos permite identificar calquer ser vivo do planeta.

ArbolApp App que nos permite identificar as árbores da Península Ibérica 


5EP Continuamos confinados (Semana do 30 de xaneiro ao 4 de febreiro)


 Bos días confinados e confinadas: Como ides? Non estades cansados de tanto sofa? Pois arriba, movedes os vosos traseiros, botade unha carreiriña polo pasillo de casa imaxinando que estades no recreo e para clase. Esta semana vai ser un pouco de transición en tanto en cuanto ímonos adicar a:

  • Por un lado repasar os INVERTEBRADOS
  • E cara a fin de semana facer o control deste tema. Os que estades na casa non quero que vos preocupedes; se non o facedes esta semana tedes todo un curso para facelo cando mellor vos pareza. De tal xeito que cando volvades e esteades tranquilos/as poderedes facelo.
  • E se nos da tempo comezaremos o novo tema OS VERTEBRADOS do que hai que facer a portada.
Feliz semana e estade atentos aos blogs posto que teredes sorpresiñas.

miércoles, 26 de enero de 2022

5EP Invertebrados


Imos facer un traballo de maiores que deixaría parvo a calquer profe da ESO. A tarefa é moi simple contestar a esta pregunta:
Por que dicimos que as vacalouras son invertebrados, artrópodos, insectos e coleópteros?
Pero hai un pequeno truco tes que razoar todo o que digas. Atreveste?


martes, 25 de enero de 2022

VOLVEMOS

 


Ola nenas e nenos de 5ºB!!!!!!!!!!!!!!!

Último día xa!!!!!! Por fin! Que ganiñas de tervos de novo na escola. Sabemos que foi unha semana longa e que teredes de seguro unha morea de cousas que contar.

Xa sabedes, do tipo… “Récord de horas en pixama” ou “Días sen peitear o pelo”. Ou os concursos de … “A ver cantas galletas consigo mollar no leite e meter na boca”. Sabémolo. Foi unha semana chea de retos e probras.

Pero todo acabou e felizmente verémonos nunhas horiñas.

Todos os profes desexamos chegar o xoves e topar esa clase tristona e solitaria chea das vosas risotadas, dos vosos contos, das vosa cariñas.

Descansade , tomade folgos e ,con forza e ganas, a seguir traballando xuntos.

Bicos e apertas das vosas mestras e mestres.


lunes, 24 de enero de 2022

5EP Saimos ao recreo?

 

Hoxe propoñovos saír a un RECREO nun lugar moi pero que moi especial, o parque YOSEMITE un dos lugares onde poderesdes ver as árbores máis vellas do mundo. Atrevedesvos?

Clica aquí para que soe o timbre

domingo, 23 de enero de 2022

6EP Xogamos co Aparato Respiratorio

 

Clica aquí para xogar co Aparato Respiratorio.

6EP E-Book Aparato Respiratorio

5EP Seguimos confinados! MENUDO ROIO (Semana do 24 de xaneiro ao 28 de xaneiro)

 


Boas Rapaces e Raparigas:

Aquí seguimos, algúns na escola e outros nas vosas casas. Menudo roio para todos! Pero como temos que seguir e ben sei que vos gustaría estar connosco vouvos deixar o programa desta semana. 

  • Seguiremos repasando o tema dos INVERTEBRADOS pensando no control que faremos en febreiro (os que estades na escola tedes data pero os que estades na casa xa falaremos deste tema en canto vos poidades incorporar). Se vos apetece podedes volver a visionar os vídeos que hai no E-Book dos Invertebrados asi como tamén algúns dos que se van publicar no blog ao longo da semana.
  • Correxiremos as 25 Actividades do caderno e seguiremos completando o A3 con actividades sobre os invertebrados.
  • Se queredes tamén podedes facer esta actividade de VERDADEIRO ou FALSO. Clica aquí para descargar.
  • E por suposto non vos olvidedes de REPASAR a teoria de vermes, moluscos e equinodermos e empezar a ESTUDAR os artrópodos.
Feliz semana a todos/as! E consultade o blog en busca de sorpresas

lunes, 17 de enero de 2022

6EP Aparato Respiratorio

 

Clica aquí para xogar co Aparato Respiratorio.

5EP Pero seguimos a voltas coa COVID (Semana do 17 Xaneiro ao 21 de Xaneiro)

 


Desde o calor das vosas casas sei que estades cheos de ganas de traballar ... velaí tedes o que imos facer esta semana:

LEMBRADE se tedes algunha cuestión non dubidedes en poñervos en contacto comigo a través do MAIL.

miércoles, 12 de enero de 2022

5EP Confinados? Menuda maneira de comezar o 2022 (Semana do 10 de xaneiro ao 14 de xaneiro)

 


Que imos facer esta semana en CIENCIAS NATURAIS? Pois basicamente recordar o que levamos estudiado:

  • Repasarmos e teremos que saber para a próxima semana PORÍFEROS, CNIDARIOS E VERMES (clica aquí para consultar o E-BOOK) ou a túa libreta de Grande de Naturais.
  • Pegaremos tamén unhas imaxes de moluscos e equinodermos que están esperando por ti na miña maleta.
  • Realizaremos e correxiremos en clase as ACTIVIDADES INVERTEBRADOS
LEMBRA: que todo este traballo podes facelo sempre e cando che atopes coas forzas suficiente para poder facelo, senon xa terás tempo de sobra cando volvas.


6EP E-Book: O Aparato Respiratorio

 

Clica aquí para acceder ao E-Book: O Aparato Respiratorio

6EP Queres que NON falte de nada no teu caderno?

  Clica na imaxe e velaí tes a solución ao teu problema.