miércoles, 27 de septiembre de 2017

Vacinas

VACINA: Molécula ou organismo que actúa como antíxeno, utilizado para producir inmunización preventiva.
Para saberes máis: clica aquí

martes, 26 de septiembre de 2017

5ºEP Seres Vivos e Seres Inertes


SER VIVO: Organismo compostos e activos que realizan as tres funcións vitais: a función de nutrición, a función de relación e a función de reprodución.
SER INERTE: obxectos que carecen de vida. Entre os seres inertes podemos distinguir: os seres inertes naturais,, aqueles que atopamos na natureza; e os seres inertes artificiais, aqueles fabricados polo home.

lunes, 11 de septiembre de 2017

Que imos aprender en 6ºEP?

Este ano imos aprender tanto sobre o noso corpo que poderíamos competir con calquera médico:
  • A estrutura dos seres vivos
  • A función de relación: o aparato locomotor
  • A función de nutrición: o aparato dixestivo, circulatorio e respiratorio.
  • O  aparato reprodutor
Proxecto Ambiental

Que imos aprender en 5ºEP?


Entre moitas máis cousas este ano imos aprender sobre:

  • Os Seres Vivos e a súa clasificación
  • Os animais e a súa clasificación
  • As plantas e a súa clasificación
  • A célula. Tipos, clasificación, organización
  • A función de relación: os sentidos
  • A función de nutrición: o aparato dixestivo e o aparato circulatorio.
Proxecto Ambiental

domingo, 10 de septiembre de 2017

Materiais para Ciencias Naturais en 5ºEP e 6ºEP

Para poder traballar a materia de Ciencias Naturais en 5ºEP e 6ºEP, ademais de ter moita vontade de aprender, imos necesitar:

. 2 Libretas grande cuadriculada grampada
. Libreta pequena cuadriculada grampada
        
Como imaxinaredes tamen imos necesitar:
. bolígrafo azul ou negro
. bolígrafo vermello
. lapis e goma
. regra
. pegamento de barra e tesouras
. rotulador fino azul ou negro (pode ser un pilot)
. Lápices de cores (poden ser plastidecor)

lunes, 4 de septiembre de 2017

A Electricidade


A electricidade é unha enerxía producida pola natureza. Seguro que algunha vez viches algún lóstrego no ceo; o raio é unha gran chispa eléctrica que se produce no aire.
O teu corpo tamén está cheo de electricidade; de tal xeito, que o teu corazón crea diminutos impulsos eléctricos que o axudan a latexar e o teu cerebro válese da electricidade para enviar mensaxes por todo o corpo a través dos nervios.
En definitiva, todo o que nos rodea ten electricidade, é dicir, ten unha carga eléctrica. As cargas eléctricas poden ser negativas (-) ou positivas (+) e estas cargas, ademais, poden moverse a través dos materiais creando unha corrente eléctrica. Existen materiais que deixan pasar a corrente (condutores eléctricos) e existen materiais que non deixan pasar a corrente (illantes eléctricos).
Aproveitando estas nocións de electricidade imos montar un pequeno  circuíto eléctrico, é dicir,  un conxunto de elementos que permiten xerar, distribuír e aproveitar a corrente eléctrica.
Método Científico: clica aquí
Ficha Método Científico: clica aquí

sábado, 2 de septiembre de 2017

Madame Curie


Marie Curie (Polonia 1867 - Francia 1934)
Había unha vez unha escola secreta en Polonia á que a xente chamaba a Universidade Flotante. Naqueles tempos, o goberno era moi estricto co que a xente podía ou non podía estudar e de feito as mulleres tiñan prohibido ir á Universidade.
Marie e máis a súa irmá era estudantes desta escola secreta pero xa estaban fartas de se agochar. Un día, escoitaron falar da Universidade da Sorbonne, en Paris, na que sí aceptaban mulleres, aí que decidiron mudarse a Francia.
A Marie fascinábanlle os metales e os imáns. Descubriu que algún materiais eran radioactivos, emitían poderosos raios e ademais brillaban na escuridade. Para analizar as propiedades destes minerais, Marie queimabaos, derretiaos, filtrabaos e pasaba a noite desperta vendo como brillaban. Esta radiación que se usa para tratar algunhas enfermidades é moi peigosa. De feito, aínda a día de hoxe, os cadernos e instrumentos cos que Marie traballou seguen sendo radioactivos e para poder mirarlos hai que usar roupa e lubas protectoras.
Pierre, o esposo de Marie, quedou tan intrigado polas súas investigacións que deixou de lado o seu traballo con cristais para colaborar con ela. Xuntos descubriron dous novos elementos radioactivos: o polonio e o radio.
Marie Curie gañou dos premios Nobel polo seu traballo e podía terse feito rica cos seus descubrimentos pero en vez deso decidiu que os resultados das súas investigacións estiveran ao alcance do mundo.
Texto extraído de Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 
de E. Favilli e F. Cavalo.
Se queres saber máis sobre Marie Curie: clica aquí



6EP O Sistema Circulatorio