A electricidade é unha enerxía
producida pola natureza. Seguro que algunha vez viches algún lóstrego no ceo; o
raio é unha gran chispa eléctrica que se produce no aire.
O teu corpo tamén está cheo de electricidade; de tal xeito, que o teu
corazón crea diminutos impulsos eléctricos que o axudan a latexar e o teu
cerebro válese da electricidade para enviar mensaxes por todo o corpo a través
dos nervios.
En definitiva, todo o que nos rodea ten electricidade, é dicir, ten unha carga
eléctrica. As cargas eléctricas poden ser negativas (-) ou positivas (+) e
estas cargas, ademais, poden moverse a través dos materiais creando unha
corrente eléctrica. Existen materiais que deixan pasar a corrente (condutores eléctricos) e existen materiais
que non deixan pasar a corrente (illantes
eléctricos).
Aproveitando estas nocións
de electricidade imos montar un pequeno circuíto eléctrico, é dicir, un conxunto de elementos que permiten
xerar, distribuír e aproveitar a corrente eléctrica.
Método Científico: clica aquí
Ficha Método Científico: clica aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario