viernes, 25 de octubre de 2019

6ºEP Xogamos a repasar os ósos?


Para repasares os ósos do corpo humano clica aquí

5EP Equinodermos


Os EQUINODERMOS son invertebrados que viven no fondo do mar. Posúen un esqueleto externo formado por placas con espiñas ou pugas afiadas. A súa cabeza non se diferencia do resto do corpo. 
Consiguen desprazarse mediante un sistema de tubos cheos de auga a presión que lles permite desprazarse.
A súa reprodución é sexdual; aínda que entre algunhas estrelamares se pode producir rexeneración. Se unha estrela perde un brazo de alí un tempo o brazo volve medrar.
Exemplos de equinodermos son. as estrelamares, os ourizos, as ofiuras, as holoturias e os crinoideos.

martes, 22 de octubre de 2019

5EP Vermes


Os VERMES son animais invertebrados de corpo brando e alongado, que carecen de patas e desprázanse arrastrando.
Dentro dos vermes podemos distinguir:
  • Vermes planos ou Platihelmintos
  • Nemátodos
  • Anélidos

lunes, 21 de octubre de 2019

6ºEP Os músculos


5EP Os Cnidarios (Pólipos, Medusas, Corais e Hidras de Auga)




OS CNIDARIOS son animais invertebrados acuáticos que teñen unha abertura rodeada de tentáculos que sirve como boca e ano. Poden ter forma de saco (pólipos) ou de parasol (medusa). Os polipos están fixos ao fondo mentres que as medusas son nadadoras. Todos estos animais teñen unha serie de tentáculos urticantes, é dicir, que conteñen un líquido irritante que paraliza ás presas. 
Exemplo de cnidarios son: polipos, medusas, corais e hidras de auga doce.

miércoles, 16 de octubre de 2019

5EP Animais Invertebrados


Os animais INVERTEBRADOS son o conxunto de animais que carecen de columna vertebral. Entre os INVERTEBRADOS podemos distinguir:

  • Esponxas
  • Polipos e Medusas
  • Vermes: planos, nemátodos e anélidos
  • Moluscos: gasterópodos, bivalvos e cefalópodos
  • Equinodermos
  • Artrópodos: arácnidos, miriápodos, crustáceos e insectos.

6EP Queres que NON falte de nada no teu caderno?

  Clica na imaxe e velaí tes a solución ao teu problema.