lunes, 11 de septiembre de 2023

6EP Lecturas

 

Arquímedes e o método científico

 

Herón, rei de Siracusa, pediulle un día ao seu parente Arquímedes, un famoso matemático, que comprobara se a súa coroa era realmente de ouro puro, pero para poder facelo non podería danar en ningún momento a coroa.

Arquímedes deulle voltas e máis voltas ao problema sen saber ben como facer; ata que un día cando se estaba a meter na bañeira, ocorreuselle a solución. Pensou que a auga que desbordaba da bañeira tiña que ser igual ao volume do corpo que estaba sumerxido. Logo, se medía a auga que saía da bañeira ao meter a coroa, coñecería o volume da mesma. Despois podería comprar este volume co volume dun obxecto de ouro do mesmo peso que a coroa. Se os volumes non fosen iguais, sería a proba de que a coroa non era de ouro puro.

A consecuencia da emoción que lle produciu o descubrimento, Arquímedes saíu do baño e correu espido berrando EUREKA! EUREKA! Esta palabra grega, que quere dicir atopeino, quedou dende entón como unha expresión que indica a realización dun descubrimento.

Pero cando levou á práctica o seu descubrimento, comprobou que a coroa tiña un volume maior que un obxecto de ouro co seu mesmo peso. É dicir, a coroa de Herón non era de ouro puro senón que contiña prata, un metal menos denso que o ouro.

Fragmento procedente de https://webdeldocente.com/ciencia-y-ambiente-quinto-grado/el-metodo-cientifico/



 

domingo, 10 de septiembre de 2023

5EP Materiais para o curso 2023-2024

Para comezar este curso de 5 de EP o que máis necesitamos é moitas ganas de aprender e despois só un par de cousiñas máis:

  • 2 libretas grandes tipo lamela (pauta 4mm) grampada. (unha para Ciencias Sociais e outra para Ciencias Naturais)
  • 1 libreta pequena raiada grampada.
  • 2 sobres de papel tamaño A5
  • 1 rotulador permanente negro de punta fina.
  
Como imaxinaredes tamén imos necesitar:
  • Axenda ou libreta para anotar (no caso de escoller unha axenda mellor que sexa páxina día.
  • Carpeta de sobres plásticos tamaño folio.
  • Bolígrafo azul ou negro
  • bolígrafo vermello
  • marcador fosforito
  • lapis e goma
  • regra
  • pegamento de barra e tesouras
  • lápices de cores (poden ser plastidecor)


6EP Material para o curso 2023-2024

 Chicas e chicos de 6EP xa sabedes de que vai esto pero por se vos esquece; velaí deixovos o material que precisades:

  • 2 libretas grandes cuadriculadas grampadas (se vos quedan moitas follas na do ano anterior podedes reutilizala).
  • 2 sobres de papel tamaño A5
  • 1 sobre plástico tamaño folio (por suposto que podedes reutilizar o do ano pasado)

6EP Queres que NON falte de nada no teu caderno?

  Clica na imaxe e velaí tes a solución ao teu problema.