Arquímedes e o método científico
Herón, rei de Siracusa, pediulle un día ao seu parente Arquímedes, un famoso matemático, que comprobara se a súa coroa era realmente de ouro puro, pero para poder facelo non podería danar en ningún momento a coroa.
Arquímedes deulle voltas e máis voltas ao problema sen saber ben como facer; ata que un día cando se estaba a meter na bañeira, ocorreuselle a solución. Pensou que a auga que desbordaba da bañeira tiña que ser igual ao volume do corpo que estaba sumerxido. Logo, se medía a auga que saía da bañeira ao meter a coroa, coñecería o volume da mesma. Despois podería comprar este volume co volume dun obxecto de ouro do mesmo peso que a coroa. Se os volumes non fosen iguais, sería a proba de que a coroa non era de ouro puro.
A consecuencia da emoción que lle produciu o descubrimento, Arquímedes saíu do baño e correu espido berrando EUREKA! EUREKA! Esta palabra grega, que quere dicir atopeino, quedou dende entón como unha expresión que indica a realización dun descubrimento.
Pero cando levou á práctica o seu descubrimento, comprobou que a coroa tiña un volume maior que un obxecto de ouro co seu mesmo peso. É dicir, a coroa de Herón non era de ouro puro senón que contiña prata, un metal menos denso que o ouro.
Fragmento procedente de https://webdeldocente.com/ciencia-y-ambiente-quinto-grado/el-metodo-cientifico/
No hay comentarios:
Publicar un comentario