Hoxe, xoves 11/11/21, aproveitamos para explicar:
CNIDARIOS (pólipos e medusas): invertebrados acuáticos que teñen unha abertura rodeada de filamentos que sirve como boca e ano. Estes filamentos son urticantes, é dicir, que conteñen un líquido irritante que lles permite paralizar as súas presas.
Poden ter forma de saco (pólipo) e permanecer fixos ao fondo ou forma de parasol (medusas) e ser nadadoras. Exemplo de cnidarios son as anémonas, os corais, as medusas e as hidras de auga doce.
No hay comentarios:
Publicar un comentario