viernes, 13 de marzo de 2020

Ola rapaces e raparigas,
As circunstancias son excepcionais e aínda que poida parecer incríbel estamos a vivir un momento histórico que aparecerá nos libros. É por eso que a nosa resposta tamén ten que ser histórica.
Debemos ser cidadáns con maiúsculas e pensar no outro, naquelas persoas que non deben contaxiarse porque non serían capaces de superar a enfermidade, naquelas persoas que  aínda que deberían estar nas súas casas escolleron como profesión unha que lles fai estar en primeira liña de combate (médicas, enfermeiros, policías, bombeiros …) e por suposto, en todas aquelas persoas (avós, tías, pais e nais, coidadores) que están connosco nas nosas casas.
Ben sabedes que está situación chegou tamén á escola e que as nosas rutinas, de súpeto, deixaron de ter importancia. Esquecédevos de todo o que tiñamos pendente e centrémonos en levar estes días o mellor que poidamos.
Van ser días moi longos, onde imos estar cara a cara fronte o aburrimento. Ímonos cansar de ver a televisión, de ler, de xogar polo que aproveitade estes días para pensar e desenvolver aínda máis a vosa curiosidade e desexo por aprender.
E para levalo todos o mellor posible vouvos propor cada dous días uns traballiños que podedes facer e entregarme á volta.
Ánimo rapaces e raparigas e a blogear

1 comentario:

  1. Profe Noemì, tes toda a razòn, o coronavirus temos que pasalo como se tibesemos unha gripe, temos que pasalo, por exemplo: cando descubrieron a gripe pasou o mesmo, se te paras a pensar, lles pasou o mesmo que nos està pasando a nos.Tes toda a razòn, o pasaremos. Temos que ser fortes è afrontalo o mellor que poidamos.

    P.D.Son a alumna Irene, a de 5B

    ResponderEliminar

6EP Queres que NON falte de nada no teu caderno?

  Clica na imaxe e velaí tes a solución ao teu problema.