A maioría dos seres vivos aliméntanse de materia orgánica pero as plantas son capaces de fabricar o seu propio alimento mediante a fotosíntese.
Para realizar a fotosíntese as plantas necesitan auga e sales minerais que obteñen do solo e dióxido de carbono, un gas que hai na atmosfera.
A fotosíntese ten lugar nas células verdes da planta onde a auga, as sales minerais e o dióxido de carbono se combinan grazas a enerxía que a planta obten do sol.
Esta enerxía a planta obtena grazas a clorofila, unha substancia que se atopa nos cloroplastos, un tipo de orgánulo das células vexetais. Durante a fotosíntese a planta desprende outro gas, o osíxeno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario