XEOGRAFÍA: ciencia que estuda a superficie terrestre e os seus cambios.
HISTORIA: ciencia que estuda o pasado dos seres humanos. A Historia comeza coa a aparición dos primeiros seres humanos e acabará cando nos extingamos como especie.
CONTINENTES: nome que se lle da ás terras emerxidas separadas polos océanos. Existen 6 continentes: América, Europa, Asia, África, Oceanía e a Antártida.
OCÉANOS: son as masas de auga salgada que separan continentes. Os continentes están separados por 5 grandes océanos: Océano Pacífico, Océano Atlántico, Océano Índico, Océano Glacial Ártico e Océano Glacial Antártico.
MOVEMENTO DE TRASLACIÓN: é o movemento que realiza a Terra cando xira ao redor do Sol seguindo unha órbita elíptica. A Terra tarda 365 días, 6 horas e 9 minutos en dar unha volta completa ao Sol. A consecuencia do movemento de translación é a existencia das estacións ao longo do ano.
MAPA: representación plana de calquera parte da superficie terrestre. Segundo o que estea representado nun mapa estos poden ser: mapas físicos, mapas políticos, mapas históricos, mapas económicos ...
ECUADOR: liña imaxinaria debuxada de oeste a este que divide a Terra en dúas partes iguais denominadas hemisferios.
HEMISFERIOS: son cada unha das partes nas que o Ecuador divide á Terra. Existen dous hemisferios:
- O Hemisferio Norte ou Hemisferio terrestre xa que nel se concentran a maioría dos continentes.
- E o Hemisferio Sur ou marítimo xa que nel se concentran a maioría dos océanos.
LONXITUDE: é a distancia medida en grados desde calquera punto da superficie terrestre ata o meridiano 0º ou de Greenwich. A lonxitude pode ser Leste ou Oeste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario