jueves, 10 de octubre de 2024

6EP Naturais Vocabulario Básico Tema 1

TECIDO: conxunto de células que realizan a mesma función.

ÓRGANO: conxunto de tecidos que realizan unha mesma función.

SISTEMA:  conxunto de órganos que realizan unha mesma función.

APARATO: conxunto de órganos e sistemas que actúan coordinadamente.

FUNCIÓN DE NUTRICIÓN: Conxunto de accións que levan a cabo os seres vivos para conseguir a materia e a enerxía que necesitan para vivir.

FUNCIÓN DE RELACIÓN: conxunto de interaccións que establecen os seres vivos co mundo que lles rodea.

FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN: capacidade que teñen os seres vivos para orixinar a outros seres vivos semellantes a eles. A reprodución pode ser: asexual (1 individuo) e sexual (2 individuos).

APARATO DIXESTIVO: Aparato encargado de transformar o alimento que inxerimos en nutrientes que podemos asimilar.

APARATO RESPIRATORIO: Aparato encargado de tomar aire, absorber osíxeno, transportalo ao sangue e expulsar o dióxido de carbono.

APARATO EXCRETOR: Aparato encargado de eliminar as substancias de refugallo que produce o organismo.

APARATO CIRCULATORIO: aparato encargado de transportar os nutrientes e o osíxeno por todo o corpo.

OS SENTIDOS: Conxunto de órganos que nos permiten captar o que sucede ao noso redor.

SISTEMA NERVIOSO: Aparato encargado de controlar e coordinar todas as accións que facemos.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario

6EP E-Book Aparato Respiratorio

  Clica aquí para acceder ao E-Book do Aparato Respiratorio.