jueves, 10 de octubre de 2024

5EP Naturais Vocabulario Básico Tema 1

   

CIENCIAS NATURAIS: conxunto de ciencias que estudan a natureza. Entre as Ciencias Naturais: destacan: a bioloxía, a xeoloxía, a física, a química, a botánica, a zooloxía ...

BIOLOXIA: ciencia que estuda aos seres vivos.

ZOOLOXÍA: ciencia que estuda aos animais.

BOTÁNICA: ciencias que estuda ás plantas.

SER VIVO: organismo que realiza as tres funcións vitais (función de nutrición, función de reprodución e función de relación).

SER INERTE: Obxectos que carecen de vida, é dicir, que NON realizan as tres funcións vitais. Os seres inertes poden ser: 

  • SERES INERTES NATURAIS: son aqueles seres inertes que atopamos na natureza. Por exemplo unha pedra.
  • SERES INERTES ARTIFICIAIS: son aqueles seres inertes creados polo ser humano. Por exemplo unha mesa.

CÉLULA: compoñentes máis pequenos que forman os seres vivos. As partes dunha célula son: 

NÚCLEO: corpo redondo que dirixe as actividades da célula. Dentro del atopamos o ADN, o lugar onde está a información xenética da célula.

ORGÁNULOS: estruturas con distintas funcións que atopamos no interior da célula.

CITOPLASMA: material xelatinoso situado no interior da célula.

MEMBRANA CELULAR: envoltura moi fina que rodea o citoplasma e permite realizar intercambios co exterior.   

UNICELULAR: nome que se lle da aos seres vivos formados por unha soa célula.

PLURICELULAR: nome que se lle da aos seres vivos formados por dous ou máis células.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

6EP E-Book Aparato Respiratorio

  Clica aquí para acceder ao E-Book do Aparato Respiratorio.