martes, 29 de octubre de 2024
lunes, 28 de octubre de 2024
Lagos no Deserto do Sahara
As fortes chuvias que levan caído no último mes deron lugar a un fenómeno pouco común no Deserto do Sahara: a presencia de lagos efímeros entre as dunas.
jueves, 24 de octubre de 2024
5EP Sociais Ecuador e Hemisferios.
6EP Sociais: Actividades e imaxes sobre África
1945 anos da máis famosa erupción do Vesubio
Tal día como hoxe no ano 79 d.C. entraba en erupción o Vesubio, un volcán situado ao pé do golfo de Nápoles.
A erupción ademais de repentina foi dunha gran intensidade o que obrigou aos habitantes das vilas cercanas ao volcán, Herculano, Oplontis, Pompeia e Estabiae, a fuxir ou buscar refuxio cerca do mar.
Sen embargo, algunhas persoas decidiron quedar e buscar refuxio no triclinium dunha casa, nas adegas do porto ou na parte posterior dun xardín. E foi ali onde morreron asfixiados polos gases tóxicos emanados polo volcán.
miércoles, 23 de octubre de 2024
martes, 22 de octubre de 2024
domingo, 20 de octubre de 2024
viernes, 18 de octubre de 2024
6EP Sociais O relevo do Fondo Mariño
DORSAL OCEÁNICA: nome que reciben as cordilleiras submariñas.
CHAIRA ABISAL: nome que reciben as chairas submariñas situadas entre os 4.000 ou 5.000 m. de produndidade.
FOSA MARIÑA: nome que recibe as depresións situadas no fondo dos océanos.
NOIRO CONTINENTAL: terreo inclinado onde acaba a plataforma continental.
PLATAFORMA CONTINENTAL: prolongación dos continentes baixo o fondo mariño.
jueves, 17 de octubre de 2024
viernes, 11 de octubre de 2024
jueves, 10 de octubre de 2024
6EP Naturais Vocabulario Básico Tema 1
TECIDO: conxunto de células que realizan a mesma función.
ÓRGANO: conxunto de tecidos que realizan unha mesma función.
SISTEMA: conxunto de órganos que realizan unha mesma función.
APARATO: conxunto de órganos e sistemas que actúan coordinadamente.
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN: Conxunto de accións que levan a cabo os seres vivos para conseguir a materia e a enerxía que necesitan para vivir.
FUNCIÓN DE RELACIÓN: conxunto de interaccións que establecen os seres vivos co mundo que lles rodea.
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN: Conxunto de accións que levan a cabo os seres vivos para conseguir a materia e a enerxía que necesitan para vivir.
FUNCIÓN DE RELACIÓN: conxunto de interaccións que establecen os seres vivos co mundo que lles rodea.
FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN: capacidade que teñen os seres vivos para orixinar a outros seres vivos semellantes a eles. A reprodución pode ser: asexual (1 individuo) e sexual (2 individuos).
APARATO DIXESTIVO: Aparato encargado de transformar o alimento que inxerimos en nutrientes que podemos asimilar.
APARATO RESPIRATORIO: Aparato encargado de tomar aire, absorber osíxeno, transportalo ao sangue e expulsar o dióxido de carbono.
APARATO EXCRETOR: Aparato encargado de eliminar as substancias de refugallo que produce o organismo.
APARATO CIRCULATORIO: aparato encargado de transportar os nutrientes e o osíxeno por todo o corpo.
OS SENTIDOS: Conxunto de órganos que nos permiten captar o que sucede ao noso redor.
SISTEMA NERVIOSO: Aparato encargado de controlar e coordinar todas as accións que facemos.
5EP Naturais Vocabulario Básico Tema 1
CIENCIAS NATURAIS: conxunto de ciencias que estudan a natureza. Entre as Ciencias Naturais: destacan: a bioloxía, a xeoloxía, a física, a química, a botánica, a zooloxía ...
BIOLOXIA: ciencia que estuda aos seres vivos.
ZOOLOXÍA: ciencia que estuda aos animais.
BOTÁNICA: ciencias que estuda ás plantas.
SER VIVO: organismo que realiza as tres funcións vitais (función de nutrición, función de reprodución e función de relación).
SER INERTE: Obxectos que carecen de vida, é dicir, que NON realizan as tres funcións vitais. Os seres inertes poden ser:
- SERES INERTES NATURAIS: son aqueles seres inertes que atopamos na natureza. Por exemplo unha pedra.
- SERES INERTES ARTIFICIAIS: son aqueles seres inertes creados polo ser humano. Por exemplo unha mesa.
CÉLULA: compoñentes máis pequenos que forman os seres vivos. As partes dunha célula son:
NÚCLEO: corpo redondo que dirixe as actividades da célula. Dentro del atopamos o ADN, o lugar onde está a información xenética da célula.
ORGÁNULOS: estruturas con distintas funcións que atopamos no interior da célula.
CITOPLASMA: material xelatinoso situado no interior da célula.
MEMBRANA CELULAR: envoltura moi fina que rodea o citoplasma e permite realizar intercambios co exterior.
UNICELULAR: nome que se lle da aos seres vivos formados por unha soa célula.
PLURICELULAR: nome que se lle da aos seres vivos formados por dous ou máis células.
-
As follas dunha planta pódense clasificar de moi diversas maneiras: segundo a súa forma, segundo a seu borde, segundo o seu número de foll...
6EP E-Book Aparato Respiratorio
Clica aquí para acceder ao E-Book do Aparato Respiratorio.