SER VIVO: Organismo compostos e activos que realizan as tres funcións vitais: a función de nutrición, a función de relación e a función de reprodución.
SER INERTE: obxectos que carecen de vida. Entre os seres inertes podemos distinguir: os seres inertes naturais,, aqueles que atopamos na natureza; e os seres inertes artificiais, aqueles fabricados polo home.
A electricidade é unha enerxía
producida pola natureza. Seguro que algunha vez viches algún lóstrego no ceo; o
raio é unha gran chispa eléctrica que se produce no aire.
O teu corpo tamén está cheo de electricidade; de tal xeito, que o teu
corazón crea diminutos impulsos eléctricos que o axudan a latexar e o teu
cerebro válese da electricidade para enviar mensaxes por todo o corpo a través
dos nervios.
En definitiva, todo o que nos rodea ten electricidade, é dicir, ten unha carga
eléctrica. As cargas eléctricas poden ser negativas (-) ou positivas (+) e
estas cargas, ademais, poden moverse a través dos materiais creando unha
corrente eléctrica. Existen materiais que deixan pasar a corrente (condutores eléctricos) e existen materiais
que non deixan pasar a corrente (illantes
eléctricos).
Aproveitando estas nocións
de electricidade imos montar un pequeno circuíto eléctrico, é dicir, un conxunto de elementos que permiten
xerar, distribuír e aproveitar a corrente eléctrica.
Había unha vez unha escola secreta en Polonia á que a xente chamaba a Universidade Flotante. Naqueles tempos, o goberno era moi estricto co que a xente podía ou non podía estudar e de feito as mulleres tiñan prohibido ir á Universidade.
Marie e máis a súa irmá era estudantes desta escola secreta pero xa estaban fartas de se agochar. Un día, escoitaron falar da Universidade da Sorbonne, en Paris, na que sí aceptaban mulleres, aí que decidiron mudarse a Francia.
A Marie fascinábanlle os metales e os imáns. Descubriu que algún materiais eran radioactivos, emitían poderosos raios e ademais brillaban na escuridade. Para analizar as propiedades destes minerais, Marie queimabaos, derretiaos, filtrabaos e pasaba a noite desperta vendo como brillaban. Esta radiación que se usa para tratar algunhas enfermidades é moi peigosa. De feito, aínda a día de hoxe, os cadernos e instrumentos cos que Marie traballou seguen sendo radioactivos e para poder mirarlos hai que usar roupa e lubas protectoras.
Pierre, o esposo de Marie, quedou tan intrigado polas súas investigacións que deixou de lado o seu traballo con cristais para colaborar con ela. Xuntos descubriron dous novos elementos radioactivos: o polonio e o radio.
Marie Curie gañou dos premios Nobel polo seu traballo e podía terse feito rica cos seus descubrimentos pero en vez deso decidiu que os resultados das súas investigacións estiveran ao alcance do mundo.
Texto extraído de Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes
de E. Favilli e F. Cavalo.
Se queres saber máis sobre Marie Curie: clica aquí