As diferenzas entre a dixestión intestinal e a estomacal están na súa localización, nos órganos e nas substancias que interveñen na mesma e tamén no resultado.
A dixestión estomacal faise no estómago e nela interveñen os zumes gástricos, producidos polas glándulas microscópicas das paredes estamacais, e o bolo alimenticio, procedente da inxestión, e ten como resultado o quimo.
Mentres que a dixestión intestinal se realiza no duodeno, primeira parte do intestino delgado, nela interveñen os zumes intestinais, procedentes das glándulas das paredes do intestino, a bile, procedente do fígado, o zume pancreático, procedente do páncreas e o quimo e ten como resultado o quilo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario