miércoles, 13 de marzo de 2024

6EP O Sistema Circulatorio


6EP Actividades do Aparato Circulatorio

APARATO CIRCULATORIO
1. Que dúas funcións realiza o aparato circulatorio?
2. Que órganos constitúen o aparato circulatorio?
3. Onde vai o sangue buscar o osíxeno que logo distribúe por todas as células?
5. E os nutrientes? A que parte do aparato dixestivo vainos buscar?
6. O sangue despois de recoller o CO2 nas células a onde o leva para ser expulsado?
7. E onde leva as substancias de refugallo?

SANGUE
8. Ao observar o sangue a través do microscopio, que partes pode distinguir?
9. Como se chaman as células que dan cor ao sangue?
10. Cal é a súa función?
11. Que transporta o plasma sanguíneo?
12. Para que serven os glóbulos brancos?
12. Temos sempre o mesmo número de leucoucocitos? Explica o motivo.
13. Para que serven as plaquetas?
14. Que nos podería pasar senon tivesemos plaquetas?

VASOS SANGUïNEOS
15. Para que serven os vasos sanguíneos?
16. Que característica teñen os capilares que os fai uns vasos sanguíneos moi especiais?
17. Que diferencia hai entre veas e arterias? Explícao.


martes, 12 de marzo de 2024

6EP E-Book O Aparato Circulatorio


5EP Artrópodos

Os ARTRÓPODOS son os animais máis abundantes no planeta e os que se teñen adaptado a un maior número de ambientes. O seu corpo está dividido en cabeza, tórax e abdome e posuen pataas capaces de realizar distintas funcións: patas, mandíbulas, gadoupas, antenas ou pinzas.
O corpo dos ARTRÓPODOS está cuberto por un exoesqueleto, é dicir, unha coiraza exterior dura, que deben renovar a medida que crecen.

Entre os ARTRÓPODOS segundo o seu número de patas podemos distinguir:
  • Arácnidos (8 patas)
  • Miriápodos (máis de 10 patas)
  • Crustáceos (10 patas)
  • Insectos (6 patas)


domingo, 3 de marzo de 2024

6EP Dixestión intestinal versus Dixestión estomacal. Cales son as súas diferenzas?

As diferenzas entre a dixestión intestinal e a estomacal están na súa localización, nos órganos e nas substancias que interveñen na mesma e tamén no resultado.
A dixestión estomacal faise no estómago e nela interveñen os zumes gástricos, producidos polas glándulas microscópicas das paredes estamacais, e o bolo alimenticio, procedente da inxestión, e ten como resultado o quimo
Mentres que a dixestión intestinal  se realiza no duodeno, primeira parte do intestino delgado, nela interveñen os zumes intestinais, procedentes das glándulas das paredes do intestino, a bile, procedente do fígado, o zume pancreático, procedente do páncreas e o quimo e ten como resultado o quilo.


6EP E-Book Aparato Respiratorio

  Clica aquí para acceder ao E-Book do Aparato Respiratorio.