Os MOLUSCOS son animais de corpo brando que en ocasións está protexido por unha cuncha. Dentro dos moluscos podemos distinguir:
- Gasterópodos: moluscos cunha cabeza con tentáculos e ollos e un pé ancho e plano. Poden ter ou non ter cuncha. Exemplo de gasterópodos son os caracois, as lapas ou as lesmas.
- Bivalbos: moluscos co corpo aloxados entre dúas cunhas. Carecern de cabeza. Exemplo de bivalbos son os mexilóns, as ostras ou as ameixas.
- Cefalópodos: moluscos complexos cun pé formado por tentáculos con ventosas para suxeitar as presas, xa que son depredadores. Teñen ollos moi perfeccionados. Exemplo de cefalópodos son o polbo, as luras ou os calamares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario