Día 1 |
Que necesitamos?
. 3 rebanadas de pan de molde
. unhas luvas de látex
. 3 bolsas de plástico
. Rotuladores permanentes
. As mans de 3 alumnos
. Paciencia
. unha cámara de fotos
Obxectivo do experimento? Demostrar a importancia que ten lavar as mans.
Que fixemos? Colocamos nunhas bolsas de plástico, para así poder ver ben a súa evolución, 3 rebanadas de pan de molde que previamente tiñan sido manipuladas polas mans de tres alumnos.A rebanada de pan da Bolsa 1 foi manipulada por un alumno que non lavara as mans en toda a maña; a rebanada de pan da Bolsa 2 foi manipulada por unha alumna que previamente lavara as mans con auga e xabón e a rebanada da Bolsa 3 foi manipulada por un alumno cunha luva de látex.
Que vai pasar agora? Esperaremos un par de semanas ao tempo que constatamos graficamente o crecemento de mofos que se vai producir no pan para despois proceder á súa análise.
E despois? Se conseguimos demostrar a importancia de lavar as mans explicarémoslles a outros nenos da escola o noso experimento para crear conciencia da importancia de lavar as mans.
No hay comentarios:
Publicar un comentario