lunes, 7 de marzo de 2022

Non, e sempre non, ás guerras

 NON,  E SEMPRE NON, ÁS GUERRAS

Ala vai uns dous anos neste mesmo blog escribíavos unha frase épica “(…) estamos a vivir un momento histórico (…)” que, aínda que son unha amante da Historia, non quero ter que volver a pronunciar na miña vida.

Volvemos a vivir circunstancias excepcionais, xa que facía uns 80 anos que en Europa un país non invadía outro país. Non quedan case avós e avoas que vivisen aquel momento e a memoria destes tráxicos sucesos está xa soamente nos libros. Sen embargo, a guerra que estes días está presente a todas horas en xornais, radios e televisións comeza a acordar pantasmas do pasado en moitos de nós.

Se algo sabemos é que un momento histórico non se pode comparar a outro e que unha personaxe histórica non é nunca igual a outra; pero, o que si nos pode ensinar a HISTORIA é o que NON queremos que se repita NUNCA MÁIS.

O século XX foi un tempo convulso: pandemias, graves crises económicas, ditaduras de todo tipo e dúas Guerras Mundiais que practicamente destruíron o noso continente. Parecía que despois da caída do Muro do Berlín e o fin da Guerra Fría  conseguiramos deixar todo aquelo atrás.

A maior parte de Europa vivía, ou intentaba vivir, en paz, en sociedades democráticas nas que o pobo escollía libremente aos seus representantes, onde os nenos e as nenas podían ir á escola, onde a sanidade era gratuíta ou practicamente gratuíta e na que homes e mulleres fora cal fora as súas crenzas, ideoloxías, orientación sexual ou identidade de xénero eramos LIBRES e IGUAIS, ou polo menos case iguais.  

O invasión do pasado xoves non foi so o inicio dun novo conflito armado senón tamén a creba do soño europeo de construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Despois de semanas de tensións diplomáticas, o exército ruso invadiu un país soberano violando toda norma de Dereito Internacional. Pero nesta guerra non hai malos nin bos, non vai haber vencedores e vencidos porque, como en calquera conflito, o único que hai son grandes perdedores, o pobo ucraíno e o pobo ruso.

Os ucraínos, que o mércores pasado ían ao traballo ou a escola como un día calquera, hoxe ven como as súas casas son destruídas, as súas cidades asediadas, millóns de cidadáns foxen da guerra e miles de mortos comezan a encher as rúas e, mentres, o pobo ruso ten que calar xa que as súas liberdades e dereitos fundamentais están en serio perigo e as consecuencias dunha guerra sobre a que saben máis ben pouco grazas á propaganda do Estado comezan a estrangulalos economicamente.

É evidente que son eles os que levan a peor parte e que nós desde o confort dos nosos salóns simplemente observamos horrorizados unha realidade que ata o mércores pensabamos que era cousa doutras rexións do planeta. Pero esta guerra tamén vai estar canda nós; imos ver como, unha vez máis, o prezo da vida sube, como algúns perderán os seus empregos, como os nosos veciños non terán para comer ou pagar a luz e como cada vez que prendamos a radio ou abramos un xornal a máis grande das barbaries vainos mirar directamente aos ollos.

Pero novamente, nós todos cidadáns europeos somos os que temos que dar unha resposta histórica de igual xeito que fixemos con anterioridade. Temos que defender as nosas liberdades e as nosas democracias e estender estas ao resto do mundo; pero defender non significa impor pola forza. Temos que loitar por chegar a un entendemento, por entender aos que pensan, cren e falan diferente de nós, por axudar a todos aqueles, sexan do bando que sexan, a conseguir acordos que permitan acabar coa masacre e restaurar os principios desa Europa libre, xusta e democrática na que todos queremos vivir.

É máis que evidente, despois de 11 días de guerra, que non é nin vai ser unha tarefa fácil, que nós os cidadáns de a pé queremos axudar pero non sabemos ben como. Que os nosos gobernantes están a tomar unha serie de medidas que tampouco saben ben se chegaran a ser efectivas e mentres tanto miles de ucraínos e rusos están condenados.

Sen embargo, NON debemos perder NUNCA a esperanza nun futuro máis libre, máis xusto e máis democrático.

 

lunes, 21 de febrero de 2022

5EP Confinadiños e confinadiñas meus (Semana do 21 ao 25 de febreiro)


 Boas rapaces e raparigas: espero que ao longo desta semana máxica de Entroido ningún de vós teña que utilizar esta entrada do blog PERO como este virus acecha por todas partes velaí vos deixo o traballo da semana:
  • Seguiremos coa teoria dos vertebrados centrándonos nos peixes e nos reptiles
  • Faremos as actividades correspondentes.

domingo, 13 de febrero de 2022

5EP Confinados vós e medio confinada eu (semana do 14 de febreiro ao 18 de febreiro)

 

Aqui seguimos unha semana máis traballando como nos deixa este becho. Esta semana imos continuar co estudo dos VERTEBRADOS pero con algunha que outra novidade posto que faltarei algún que outro día:

martes, 8 de febrero de 2022

5EP Para os CONFINADOS e CONFINADAS do meu corazón (Semana do 7 ao 13 de febreiro)


 Confinadiños e Confinadiñas como o levades? Moito ánimo e a trabalar un pouquiño para que non extrañedes a escola:
  • Comezamos novo tema OS VERTEBRADOS polo que toda facer portada nunha nova carillA. Clica aquí para ver o E-Book.
  • Tras a portada imos pegar unha fotocopia que vos darei cando volvades polo que tedes que deixar a carilla en branco.
  • Copiar e estudar as definicións de vivíparo, ovíparo, respiración pulmonr, respiración branquial, respiración cutánea e respiración traqueal. Clica Aqui para ver estas definicións.

viernes, 4 de febrero de 2022

5EP Apuntamentos para Confinados e NON Confinados


Para acabar esta semana de tolemía debedes copiar na vosa libreta de VOCABULARIO na parte de CIENCIAS NATURAIS as seguintes definicións e se vos atopades con forza estudialas.

VIVÍPARO: nome que se lle da aos animais que nacen do corpo da súa nai.

OVÍPARO: nome que se lle da aos animais que nacen dun ovo.

RESPIRACIÓN PULMONAR: nome que se lle da á respiración que se realiza a través dos PULMÓNS.

RESPIRACIÓN BRANQUIAL:  nome que se lle da á respiración que se realiza a través das BRANQUÍAS.

RESPIRACIÓN CUTÁNEA:  nome que se lle da á respiración que se realiza a través da PEL.

RESPIRACIÓN TRAQUEAL:  nome que se lle da á respiración que se realiza a través das TRÁQUEAS (buraquiños que teñen os insectos no seu corpo e a través dos que respiran).

So para 6ºC

A codia terrestre non é lisa, dado que nela atopamos as diferentes formas do relevo (montañas, vales…) e tampoco é uniforme, senón que está ...