martes, 31 de diciembre de 2024

 

 Que este novo ano estea cheo de HYGIA, ZOÈ , GHARA, EIRENE, EUZIMIA e ELPIS ou o que é o mesmo saúde, vida, alegría, paz, bo ánimo e esperanza.

Feliz 2025

martes, 24 de diciembre de 2024

 

 Que o Apalpador vos traía saúde nesta noite máxica e o Tizón de Nadal fartura para as vosas casas.

Bo Nadal.

lunes, 16 de diciembre de 2024

 

IO SATURNALIA


As SATURNALIA tiñan lugar ante diem XVI Kalendas Ianuarias – ante diem X Kalendas Ianuarias (entre 17 e 23 de decembro) e estaban adicadas a SATURNO, deus de orixe moi antigo que gobernara o mundo na Idade de Ouro tempo no que homes libres e escravos eran iguais.A tradición romana tamen atribuía a Saturno a aprendizaxe aos homes do cultivo do campo de ai que se lle veneraba como deus protector da sementeira.

O seu templo, situado no Foro fronte a ladeira do Capitolio, non era soamente o lugar de culto ao Deus senon que se converteu na sede do  , é dicir, na sede do tesouro do Estado (hoxe en día unha especie de Banco de España). No seu interior a estatua do deus estaba atada cunha corda de la que so era desatada durante as festas para que Saturno poidera disfrutar delas.

As celebracións públicas consistían nunha serie de sacrificios con capite aberto, a cabeza descuberta, e finalizaban cun convivium publicum, un banquete ao que asistían todos aqueles que o desexasen.

Eran un tempo no que todos os establecementos estaban pechados, as rúas rebosaban de alegría e todos, libres e escravos, disfrutaban delas sen distinción. Tamen era un tempo de contrastes xa que moitas veces o que estaba prohibido o resto do ano permitiase; así por exemplo, permitíanse as apostas e xogos de azar nas rúas. As celebracións privadas en cambio centrábanse en reuniones socias e banquetes onde se realizaban bromas e chistes.

O máis curiuoso deste tempo de festa e que durante el os escravos eran completamente libres de facer o que quixesen. Cidadáns e escravos lucían o pilleus ou gorro da liberdade que simbolizaba a igualdade entre seres humanos. Era tamen costume que neste tempo os escravos puidesen sentarse á mesa dos amos ou incluso que fosen os amos quen servisen aos escravos.

Casas e cidade engalanábanse durante estes días con pólas decoradas con velas nun intento de dar luz aos días máis oscuros do ano. O último día da festa ou sigillaria intercambiábanse regalos entre familiares e amigos cercanos.

Non vos lembra a algunha das nosas festas?

viernes, 13 de diciembre de 2024

6EP Arquitectura desaparecida en Vigo


 Houbo un tempo na nosa cidade que coa excusa da modernización destruíronse moitos edificios emblemáticos. Non podemos recuperalos pero si podemos imaxinar como sería Vigo se os tivesemos conservado.

miércoles, 11 de diciembre de 2024

6EP Turistas na nosa propia cidade

 

 

Hoxe imos coñecer de Vigo dun xeito diferente; o que nos permitirá aprender un pouco máis da Historia da nosa cidade.

domingo, 1 de diciembre de 2024

5EP Naturais: Actividades Invertebradas I


1. Que diferenzas hai entre un vertebrado e un invertebrado?
2. É o mesmo acuático que mariño? Explícao.
3. En cantos grupos podemos clasificar os invertebrados? Di os seus nomes.
4. Que quere dicir porífero?
5. Como se alimentan as esponxas?

6. Como se chaman os cnidarios con forma de parasol?
7. Como son e para que serven os filamentos dun cnidario?
8. A que grupo pertencen os pólipos?

9. Que tipo de verme ten o corpo cuberto por unha substancia mucosa que os mantén húmidos?
10. En que tres tipos de vermes podemos clasificar os vermes anélidos?
11. Como se chaman os anélidos que viven en augas doces e se alimentan de sangue?
12. De que se alimentan os vermes planos?
13. Que é unha tenia? Onde podemos atopalas?
14. Que anélidos non teñen cabeza?

6EP E-Book Aparato Respiratorio

  Clica aquí para acceder ao E-Book do Aparato Respiratorio.