Comezamos coa temporada de CIRCULA no curso 2024-2025
Semana do 13/9/24 ao 20/9/24
CIENCIAS NATURAIS: conxunto de ciencias que estudan a natureza. Entre as Ciencias Naturais: destacan: a bioloxía, a xeoloxía, a física, a química, a botánica, a zooloxía ...
BIOLOXIA: ciencia que estuda aos seres vivos.
ZOOLOXÍA: ciencia que estuda aos animais.
BOTÁNICA: ciencias que estuda ás plantas.
CÉLULA: compoñentes máis pequenos que forman o corpo de todos os seres vivos.
Todas as células do corpo humano posúen a mesma estrutura:
Núcleo: orgánulo de forma redondeada que dirixe as actividades da célula. Dentro do núcleo atopamos o ADN, o lugar onde está a información xenética da célula.
Citoplasma: material xelatinoso situado no interior da célula e no que flotan os orgánulos.
Orgánulos: estruturas con distintas funciones que atopamos no interior da célula. O núcleo foi o primeiro dos orgánulos descubertos.
Membrana Celular: envoltura moi fina que rodea o citoplasma; a súa función é a de protexer a célula e permitir os intercambios co exterior.
PLURICELULAR: nome que se lle da aos seres vivos compostos por multitude de células.
UNICELULAR: nome que se lle da aos seres vivos formados por unha única célula.
REPRODUCIÓN SEXUAL: nome que se lle da á reprodución na que interven so un individuo.
Que son as Ciencias Naturais?
Para comezar este curso de 5 de EP o que máis necesitamos é moitas ganas de aprender e despois só un par de cousiñas máis:
Clica aquí para acceder ao E-Book do Aparato Respiratorio.