Os xornais falan dun terrible asasinato no Botánico. A policía non é quen de resolvelo.
jueves, 30 de abril de 2020
miércoles, 29 de abril de 2020
6EP Xogamos ás adiviñanzas?
Propóñovos un xogo un pouco noxento. Ides ver unha serie de fotografías distintos órganos do corpo humano ....
IMPORTANTE: PARA QUE POIDADES ESCRIBIR DIRECTAMENTE SOBRE O PDF HAI QUE DESCARGALO
5EP Plantas e máis plantas
A proposta para esta semana é ben sinxela. Vedes as cartas da foto? ïmos facer as nosas propias cartas/fichas sobre as nosas árbores e plantas favoritas para poder logo facer unha baralla.
IMPORTANTE: NON VOS ESQUEZADES DE DESCARGAR OS ARQUIVOS
martes, 28 de abril de 2020
Como comen os astronautas? E beber?
Podedes imaxinalo? Cociñarán ou pasarán o día a comer latas e iorgur de beber?
viernes, 24 de abril de 2020
Quedan un par de días para o ansiado domingo 26
Sen dúbida, un día que vai quedar gravado nas nosas mentes como o día que puidemos sair á rúa despois de 46 días pechados nas nosas casas.
Un día no que durante 1 hora sentiremos o sol nas nosas caras, poderemos correr, andar en bicicleta ou simplemente pasear.
Pero un día no que volverémonos a sentir LIBRES.
Gustaríame que despois de gozar dese momento de recuperada liberdade, ao volver a casa e de xeito tranquilo, puxesedes en orde os vosos pensamentos para logo intentar plasmar ese momento nunha postal.
Podémolo plasmar en forma de debuxo, de canción, de poesía, de texto, de baile ... como nos saía de dentro.
Como nos teñamos sentido cando por fin comezamos a recuperar a nosa liberdade.
jueves, 23 de abril de 2020
lunes, 20 de abril de 2020
5EP e 6EP Evolución Humana
Iniciamos hoxe unha viaxe ao pasado máis remoto da nosa especie.
Repasade o voso English e sacade as vosas mellores habilidades como aventureiros xa que a nosa viaxe comeza en Washington para acabar en Etíopia, África.
Animádesvos a acompañarme?
Repasade o voso English e sacade as vosas mellores habilidades como aventureiros xa que a nosa viaxe comeza en Washington para acabar en Etíopia, África.
Animádesvos a acompañarme?
Para descargar o programa da viaxe nun PDF Editable clica aquí
Para acceder ao interior do Smithsonian clica aquí
Para acceder ao interior do Smithsonian clica aquí
CONSELLOS: Un arquivo PDF editable é arquivo sobre o que podemos escribir pero para que a súa maxia funcione. Temos que seguir uns breves consellos:
- Descargar o arquivo no teu ordenador. Non podes escribir sobre él online.
- Completalo e ao acabar gardalo cambiándolle o nome. Así por exemplo, poderiades chamarllo Smithsonian curso e nome do alumno/a
- Unha vez que cambiedes o nome gardádeo no voso ordenador e xa está listo para enviar.
sábado, 18 de abril de 2020
Imaxina por un momento
que a lúa foi reemplazada por un planeta do sistema solar. Así é como se vería o ceo:
jueves, 16 de abril de 2020
5EP Vertebrados
Poderíasme dicir porque os ornitorrincos son vertebrados, mamíferos e monotremas?
Imos repasar pero tampouco volo ía por tan fácil. Lembra que tes que contestar formando frases coherentes e que cada idea ten que ir expresada nun párrafo. Fíxate tamén que hai unha parte que vas ter que buscar logo terás que incluír a bibliografía.
IMPORTANTE: TEDES QUE DESCARGAR OS ARQUIVOS ANTES DE ESCRIBIR SOBRE ELES.
IMPORTANTE: TEDES QUE DESCARGAR OS ARQUIVOS ANTES DE ESCRIBIR SOBRE ELES.
miércoles, 15 de abril de 2020
Como se lava o cabelo un astronauta?
Podedes imaxinalo? A auga e o champú flotan en ausencia de gravidade!!
Temos que empezar practicar coas mascarillas para cando nos deixen saír. Veña conseguide unha e ide practicando un pouquiño. Digovolo por experiencia; a min a práctica levoume a descubrir que pintar os labios e levar mascarilla non ñe unha boa ideas. Cando a sacas a barra de labios está por toda a túa cara.
martes, 14 de abril de 2020
6EP Repasamos o Aparato Respiratorio
Poderíadesme facer un debuxo coas partes do Aparato Respiratorio? Xa sei que para algúns pode ser un pouco dificil por eso vouvos deixar un diagrama para que se preferides poidades completalo.
5EP e 6EP Volvemos ao traballo?
Pouco apetece pero é o que nos queda. Lembrade que non tedes que facer todo o que aparece publicado. Simplemente son unha serie de propostas para que escollades as que queredes facer ou a que mellor vos veña facer.
Sen agobios, sen prisas e sen presión; sobranos o tempo e faltan, as veces, as ganas de traballar por culpa de estar pechados. Podedes facelos en papel ou co ordenador, entregarmos online ou cando nos volvamos a ver, escribirme ou mandarme un video, facer un debuxo ou mandarme un mail, entregarmo hoxe ou dentro de 3 semanas. Vos escolledes.
lunes, 6 de abril de 2020
5EP e 6EP Estades aburridos?
Non sabedes que facer? Xa usachedes todas as pistas do Mario Kart? Deixovos aquí unha serie de actividades que propon a NASA para estos días na casa. Eso sí, ides ter que repasar o voso English ou usar o translator de google.
viernes, 3 de abril de 2020
5EP e 6EP Estamos de vacacións
Aínda que na nosa situación esto non son unhas vacacións, creadelo ou non estamos de vacacións. E como ben sei que necesitades oxisenarvos un poquiño; aquí tedes unha serie de links que vos permitirán facer algunha que outra visita a paraxes sorprendentes.
- Parque Nacional de Yosemite (EEUU)
- Parque Nacional de Yellowstone (EEUU)
- Gran Barreira de Coral (Australia)
- Safari en África Oriental
Ou tamén a algún dos museos de Historia Natural máis singulares do mundo:
jueves, 2 de abril de 2020
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
As follas dunha planta pódense clasificar de moi diversas maneiras: segundo a súa forma, segundo a seu borde, segundo o seu número de foll...
6EP E-Book Aparato Respiratorio
Clica aquí para acceder ao E-Book do Aparato Respiratorio.