Para repasares os ósos do corpo humano clica aquí
viernes, 25 de octubre de 2019
5EP Equinodermos
Os EQUINODERMOS son invertebrados que viven no fondo do mar. Posúen un esqueleto externo formado por placas con espiñas ou pugas afiadas. A súa cabeza non se diferencia do resto do corpo.
Consiguen desprazarse mediante un sistema de tubos cheos de auga a presión que lles permite desprazarse.
A súa reprodución é sexdual; aínda que entre algunhas estrelamares se pode producir rexeneración. Se unha estrela perde un brazo de alí un tempo o brazo volve medrar.
Exemplos de equinodermos son. as estrelamares, os ourizos, as ofiuras, as holoturias e os crinoideos.
miércoles, 23 de octubre de 2019
martes, 22 de octubre de 2019
5EP Vermes
Os VERMES son animais invertebrados de corpo brando e alongado, que carecen de patas e desprázanse arrastrando.
Dentro dos vermes podemos distinguir:
- Vermes planos ou Platihelmintos
- Nemátodos
- Anélidos
lunes, 21 de octubre de 2019
5EP Os Cnidarios (Pólipos, Medusas, Corais e Hidras de Auga)
OS CNIDARIOS son animais invertebrados acuáticos que teñen unha abertura rodeada de tentáculos que sirve como boca e ano. Poden ter forma de saco (pólipos) ou de parasol (medusa). Os polipos están fixos ao fondo mentres que as medusas son nadadoras. Todos estos animais teñen unha serie de tentáculos urticantes, é dicir, que conteñen un líquido irritante que paraliza ás presas.
Exemplo de cnidarios son: polipos, medusas, corais e hidras de auga doce.
jueves, 17 de octubre de 2019
5EP As Esponxas ou Poríforos
As ESPONXAS ou PORÍFEROS son animais acuáticos co corpo cuberto de poros polos que filtran a auga na procura de alimento. Son un dos animais máis antigos que existen e vivem fixos nas rochas.
miércoles, 16 de octubre de 2019
5EP Animais Invertebrados
Os animais INVERTEBRADOS son o conxunto de animais que carecen de columna vertebral. Entre os INVERTEBRADOS podemos distinguir:
- Esponxas
- Polipos e Medusas
- Vermes: planos, nemátodos e anélidos
- Moluscos: gasterópodos, bivalvos e cefalópodos
- Equinodermos
- Artrópodos: arácnidos, miriápodos, crustáceos e insectos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
As follas dunha planta pódense clasificar de moi diversas maneiras: segundo a súa forma, segundo a seu borde, segundo o seu número de foll...
6EP E-Book Aparato Respiratorio
Clica aquí para acceder ao E-Book do Aparato Respiratorio.