jueves, 15 de febrero de 2018

5EP Características reprodutivas das pteridófitas


As plantas PTERIDÓFITAS son plantas superiores que carecen de flores. Pódense reproducir por medio de:
  • reprodución sexual: tipo de reprodución na que interveñen dous individuos; un con órganos sexuais masculinos e outro con órganos sexuais femininos.
  • reprodución asexual: tipo de reprodución na que interven un único individuo. No caso das pteridófitas a reprodución ten lugar por medio de esporas que se espallan, xerminan e acaban orixinando unha nova planta.
Exemplo de plantas pteridófitas son os FENTOS (helechos). Os fentos acostuman a vivir nos bosques húmidos; tendo a maioría deles o talo desenvolvido horizontalmente e lixeiramente enterrado.
As súas raíces acostuman a medrar cara abaixo ao longo do talo; mentres que as súas follas nacen enroscadas ao talo e desenróscanse a medida que crecen.
Os fentos reprodúcense por esporas: pequenos grans de cor amarela que teñen os fentos baixo as follas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

6EP O Sistema Circulatorio