domingo, 28 de enero de 2018

5EP Describimos un proceso


Fíxate no seguinte debuxo e despois explica coas túas palabras como ten lugar o proceso de reprodución dunha planta con flor.

domingo, 14 de enero de 2018

O Tigre de Tasmania

Científicos australianos consiguen secuenciar o xenoma do Tigre de Tasmania grazas ao ADN dun exemplar conservado nun museo londinense.



O tigre de Tasmania ou tilacino era un marsupial orixinario de Oceanía que se extinguiu como consecuencia da caza indiscriminada dos seus exemplares; considerándose o 7 de setembro de 1936 o data da súa extinción trala morte do último exemplar en cautividade.
A importancia da secuenciación do seu xenoma radica non só nunha posible  clonación do tigre nun futuro moi lonxano senon en importantísima información sobre a súa diversidade xenética o que podería servir de axuda a outros animais en perigo de extinción como son o diablo de Tasmania.
Para saber máis sobre esta noticia: clica aquí
Para saber máis sobre o Tigre de Tasmania: clica aquí
Para saber máis sobre o diablo de Tasmania: clica aquí

lunes, 8 de enero de 2018

Libros para unhas vacacións (2ª parte)

Despois de escoller  e ler un dos libros que vos propuxen vai chegando a hora de facer unha pequena ficha de lectura na que tedes que recomendar o libro. Eso si, non vos esquezades de cumplir os prazos de entrega.
Para ver a lista de libros: clica aquí.
Para descargar a ficha: clica aquí.

6EP O Sistema Circulatorio