martes, 31 de octubre de 2017

A importancia de lavar as mans

Día 7


Observacións: Despois dunha minuciosa observación por parte dun grupo de 26 investigadores comezamos a observar as primeiras diferenzas entre rebanadas:
  • Así por exemplo a rebanada 1 e a 3 presentan uns bordes, na zona da codia, máis claros que a rebanada da bolsa 2. 
  • Ademáis a bolsa onde atopamos a rebanada 1 parece conter unha maior cantidade de aire que as bolsas das rebanadas 2 e 3. Este feito inducenos a lanzar unha nova hipótese: haberá unha maior actividade bacteriana na bolsa 1? Atoparemos a resposta nas próximas semanas.
Continuará ...



jueves, 26 de octubre de 2017

miércoles, 25 de octubre de 2017

A importancia de lavar as mans

Día 2

Observacións: A primeira vista non aparecen cambios salientables nas tres rebanadas de pan do experimento aínda que alumnos consultados despois dunha observación detallada coincidiron en salientar o endurecemento visible do pan.

lunes, 23 de octubre de 2017

Experimento 1:A importancia de lavar ben as mans

Día 1

Que necesitamos?
   . 3 rebanadas de pan de molde
   . unhas luvas de látex
   . 3 bolsas de plástico
   . Rotuladores permanentes
   . As mans de 3 alumnos
   . Paciencia
   . unha cámara de fotos

Obxectivo do experimento? Demostrar a importancia que ten lavar as mans.

Que fixemos? Colocamos nunhas bolsas de plástico, para así poder ver ben a súa evolución, 3 rebanadas de pan de molde que previamente tiñan sido manipuladas polas mans de tres alumnos.A rebanada de pan da Bolsa 1 foi manipulada por un alumno que non lavara as mans en toda a maña; a rebanada de pan da Bolsa 2 foi manipulada por unha alumna que previamente lavara as mans con auga e xabón e a rebanada da Bolsa 3 foi manipulada por un alumno cunha luva de látex.

Que vai pasar agora? Esperaremos un par de semanas ao tempo que constatamos graficamente o crecemento de mofos que se vai producir no pan para despois proceder á súa análise.

E despois? Se conseguimos demostrar a importancia de lavar as mans explicarémoslles a outros nenos da escola o noso experimento para crear conciencia da importancia de lavar as mans.


miércoles, 4 de octubre de 2017

Avispón Galego vs Vespa Asiática


Non todo o que parece é Vespa Vellutina e moitas veces o que se está a destruír é a vespa crabo, tamén coñecida como abázcaros ou carrizos. 
Para saberes máis: pincha aquí

6ºEP A estrutura dos seres vivos


Se algún de vós non se aclara cos apuntamentos da libreta, aquí tedes un link onde podedes solucionar as vosas dúbidas. 

6EP Queres que NON falte de nada no teu caderno?

  Clica na imaxe e velaí tes a solución ao teu problema.