martes, 12 de marzo de 2024

6EP E-Book O Aparato Circulatorio


5EP Artrópodos

Os ARTRÓPODOS son os animais máis abundantes no planeta e os que se teñen adaptado a un maior número de ambientes. O seu corpo está dividido en cabeza, tórax e abdome e posuen pataas capaces de realizar distintas funcións: patas, mandíbulas, gadoupas, antenas ou pinzas.
O corpo dos ARTRÓPODOS está cuberto por un exoesqueleto, é dicir, unha coiraza exterior dura, que deben renovar a medida que crecen.

Entre os ARTRÓPODOS segundo o seu número de patas podemos distinguir:
  • Arácnidos (8 patas)
  • Miriápodos (máis de 10 patas)
  • Crustáceos (10 patas)
  • Insectos (6 patas)


domingo, 3 de marzo de 2024

6EP Dixestión intestinal versus Dixestión estomacal. Cales son as súas diferenzas?

As diferenzas entre a dixestión intestinal e a estomacal están na súa localización, nos órganos e nas substancias que interveñen na mesma e tamén no resultado.
A dixestión estomacal faise no estómago e nela interveñen os zumes gástricos, producidos polas glándulas microscópicas das paredes estamacais, e o bolo alimenticio, procedente da inxestión, e ten como resultado o quimo
Mentres que a dixestión intestinal  se realiza no duodeno, primeira parte do intestino delgado, nela interveñen os zumes intestinais, procedentes das glándulas das paredes do intestino, a bile, procedente do fígado, o zume pancreático, procedente do páncreas e o quimo e ten como resultado o quilo.


5EP Tes todo o que hai que ter no teu caderno?

  Tes todo o que hai que ter no teu caderno? Estás seguro/a? Clica na imaxe e poderás comprobalo.